![]() |
||||||||||||||||||||
OLA! Son Xubi. E encántame estar coa xente que vén a Santiago. Din que teño un carácter alegre e solidario… O meu nome, Xubi, vén de xúbilo, porque esta alegría tan grande é a que senten todos os que chegan a Santiago. O meu aspecto é o resultado da confluencia de dúas dos elementos que máis caracterizan aos heroicos peregrinos históricos a Santiago: o bastón e a cabaza. Co bastón axudábanse e protexíanse durante o camiño e coa cabaza o peregrino antigo saciaba a súa sede e se reconfortaba. Por iso, son o resultado da interpretación artística –uf!, que serio soa isto– deses dous vellos símbolos do Camiño de Santiago. Vaia responsabilidade! Nacín co Xubileo Compostelán de 2010 –un tempo de esperanza e celebración– e co xúbilo co que esperan os peregrinos o 2011, cando se celebren os 800 anos da catedral de Santiago, a máis acolledora basílica do mundo. Na meta compostelá sempre logro un novo amigo, unha nova ilusión, un novo motivo para volver ao Camiño. Porque eu sei que por moito que busque, os meus pasos sempre acabarán cara a Compostela.
|
![]() |
|||||||||||||||||||
| ____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ © 2010 xubi.es | Xubi | Produtos | XUBIamigos | Noticias | Fala con Xubi |
||||||||||||||||||||
Desenvolvemento: info@xubi.es |
||||||||||||||||||||